CON CANS COMA ESTES SOBRAN AS MÁQUINAS!!!

O día 14 de xaneiro, luns, estivo no cole a nai dunha compañeira nosa de 1º que é adestradora de cans , e falounos de como os animais son capaces de traballar e axudar ás persoas, se son adestrados.

Comentounos que hai cans que traballan como guías das persoas cegas, cans que son policías, algúns convértense en compañeiros fieis dos xogos dos nenos e ata os hai que traballan xunto á xente en condicións extremas, como cando hai neve ou perigo. Incluso hai algúns que son moi presumidos e se presentan a certames de beleza, ja ja…

A nosa xornada rematou cunha demostración práctica  do que un can adestrado pode chegar a facer e foi unha experiencia moi divertida!!!.

A nai de Celia,  é adestradora de animais...

A nai de Celia, é adestradora de animais…

 Contounos que os cans poden axudarnos moito se son adestrados

Contounos que os cans poden axudarnos moito se son adestrados

Poden guiar ás persoas cegas...

Poden guiar ás persoas cegas…

Poden axudar moito aos policías nas súas tarefas de investigación...

Poden axudar moito aos policías nas súas tarefas de investigación…

... e todos queríamos saber máis cousas interesantes sobre os nosos amigos.

… e todos queríamos saber máis cousas interesantes sobre os nosos amigos.

Vimos como hai cans que arriscan as súas vidas en condicións moi duras...

Vimos como hai cans que arriscan as súas vidas en condicións moi duras…

Pero non todo é traballar...

Pero non todo é traballar…

Hai cans que tamén teñen tempo para presentarse a certames de beleza!.

Hai cans que tamén teñen tempo para presentarse a certames de beleza!.

E tamén poden xogar connosco!.

E tamén poden xogar connosco!.

Cómpre que respetemos a regra das 3 cs: Coidado, cariño e comida se queremos que estén felices.

Cómpre que respetemos a regra das 3 cs: Coidado, cariño e comida se queremos que estén felices.

Quedounos moi claro que os nosos amigos son capaces de moitas cousas...

Quedounos moi claro que os nosos amigos son capaces de moitas cousas…

e que merece a pena que os coidemos e aprendamos a adestralos.

e que merece a pena que os coidemos e aprendamos a adestralos.

 

 

Anuncios